NOVA INDUSTRIA GALEGA
Subvencións, axudas e premios
Información sobre o financiamento que Nova Industria Galega recibiu.
Premios Emprende XXI - 17ª Edición
Gañador fase retos CaixaBank DayOne. Premios Emprende XXI - 17ª Edición.
VitIA5.0
Aplicación de tecnoloxías DATA á cadea de elaboración do viño para predicir e xestionar a súa calidade desde a viña ata o supermercado. Iniciativa financiada polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo a través da convocatoria 2023B do programa de apoio a AEIs. Clusaga.
Programa ConectaHubs
Promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade. Operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.
Axudas ao retorno emprendedor
Este negocio púxose en marcha coas axudas ao retorno emprendedor da Secretaría Xeral da Emigración. Xunta de Galicia. Xacobeo 21-22.
Bono de innovación de Nova Industria Galega SL (084)
Para promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade. Operación cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), dentro do programa de axudas á empresa Bonos de innovación 2013.
Integración de IA Generativa e Machine Learning para a optimización da xestión forestal
O proxecto Integración de IA Generativa e Machine Learning para a optimización da xestión forestal está cofinanciado pola Unión Europea – NextGenerationEU, a Xunta de Galicia e o IGAPE no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.