Sobre nós
We make your data shine
NOVA INDUSTRIA GALEGA
Somos unha startup nova que desenvolve solucións baseadas nunha Intelixencia Artificial útil, responsable e centrada no cliente, asistindo ás persoas no seu día a día mediante innovación sostible que respecte a propiedade dos seus datos.

NOVA INDUSTRIA GALEGA
Coñece o noso equipo
Lara Neira
CEO & Data Engineer
Adrián Rodríguez
CTO & Data Engineer
Elena Alonso
CMO
David Fernández
Software Engineer
Anxo Asensio
Software Engineer
Pablo Ramos
Software Engineer
Carlos Mañoso
Software Engineer
NOVA INDUSTRIA GALEGA
Inicios de Nigal
Comezamos a nosa historia a finais de 2019 en Ribadeo (Lugo), cando dous expertos científicos de datos e un grupo de desenvolvedores de software decidimos unir as nosas capacidades para asistir as empresas no seu día a día, facilitándolles o poder dos seus datos mediante solucións baseadas en modelos matemáticos que permitisen axilizar a toma de decisións e optimizar os seus procesos.
Pero quixemos ir un paso máis alá… Conscientes de que hai moitas empresas con poucos datos, propuxémonos un reto: democratizar a Intelixencia Artificial extraendo a máxima información posible mesmo en casos con escaseza de datos. Para iso, comezamos a desenvolver aplicacións móbiles que sirvan para recoller datos e paliar a falta de históricos dixitais, complementando así a adquisición de datos de sensores (IoT).

NOVA INDUSTRIA GALEGA
Historia do logo de Nigal
Faltaba aínda algo moi importante: o nome e o logo da empresa. Tiñamos claro que tiña que representar a nosa filosofía. Por que Nigal?
Nigal son as iniciais de Nova Industria Galega. Cremos que as solucións de Machine Learning e os modelos matemáticos en xeral teñen moito que aportar na Industria 4.0 e que é hora de que Galicia sexa un referente.
Pero este nome ten máis historia: Nigal (ou a gran señora) foi unha deusa na mitoloxía mesopotámica, protectora da cidade de Ur, á que se lle atribuían poderes de adiviñación a través dos soños. Mentres a civilización mesopotámica confiaba nas súas aparicións oníricas, desde Nova Industria Galega pretendemos que os nosos clientes tomen decisións baseadas na ciencia de datos. Este paralelismo, xunto co feito de que a nosa CEO sexa muller, fixo que nos decantásemos por NIGAL.
Nigal era unha deusa lunar e, por iso, representábase cun crecente, elemento que debía estar presente no noso logotipo. Ademais, incorporamos unha rede neuronal, icona do modelo máis coñecido de Intelixencia Artificial, que completa a nosa imaxe corporativa. Así escribimos a primeira páxina da historia de Nigal.