FAQs
Política de privacidade
Información sobre o tratamento de datos persoais
Quen é o responsable do tratamento dos seus datos?
Identidade: NOVA INDUSTRIA GALEGA, SL
Enderezo postal: CL. SAN LÁZARO, 12 – ENTLO 27700 RIBADEO (Lugo)
Teléfono: +34 679256177
Correo electrónico: hello@nigal.net
Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?
Se es cliente: tratamos a información coa finalidade de posibilitar a axeitada prestación do servizo concertado, a facturación, o desenvolvemento de accións comerciais e a oferta e/ou contratación de produtos e servizos.
Se contactas a través da web ou das nosas redes sociais: tratamos a información coa finalidade de atender a túa consulta.
Se es candidato: tratamos a información co fin de xestionar a relación coas persoas candidatas que optan a un posto vacante na empresa.
Como obtivemos os seus datos?
Os datos obtivéronse directamente do interesado ou do seu representante legal. A categoría de datos empregada é:
- De identificación: nome e apelidos, NIF, enderezo postal, teléfonos, correo electrónico.
- Datos bancarios: para a domiciliación de pagamentos.
- Datos necesarios para o mantemento da relación comercial e a facturación.
Información adicional
NOVA INDUSTRIA GALEGA, SL, cando actúe como encargada do tratamento, utilizará os datos de terceiros coa finalidade de prestar os servizos encomendados, tratándoos unicamente segundo as instrucións do responsable do tratamento, comprometéndose a non aplicalos nin utilizalos para fins distintos nin a comunicalos a outras persoas. NOVA INDUSTRIA GALEGA, SL adoptará as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos datos de carácter persoal e evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, de acordo co estado da tecnoloxía, a natureza dos datos e os riscos aos que están expostos, segundo a normativa vixente.
Durante canto tempo conservaremos os seus datos?
Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación comercial e non se solicite a súa supresión por parte do interesado.
En todo caso, o prazo de conservación axustarase aos prazos previstos pola lexislación respecto da prescrición de responsabilidades.
Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?
Baseámonos no consentimento do interesado e/ou na execución do contrato.
A que destinatarios se comunicarán os seus datos?
Poderanse realizar comunicacións de datos a terceiros sempre que exista unha obriga legal. Tamén se poderán realizar comunicacións de datos aos seguintes encargados do tratamento:
- Asesorías, coa finalidade de prestar o servizo de xestión e asesoramento fiscal e contable.
- Empresas de soporte e servizos informáticos coa finalidade do mantemento de aplicacións e sistemas.
- Empresas de consultoría, certificación e/ou asesoramento xurídico.
- Servizos de aloxamento web, correo electrónico ou outros servizos de aloxamento de datos.